Cando melloras a vida das persoas, nótase na cara. Plan Único POS+.Foto dunha nena sorrindo.

PLAN ÚNICO, O NOVO MODELO DE COOPERACIÓN MUNICIPAL DA DEPUTACION DA CORUÑA

O Plan Único (POS+) da Deputación da Coruña é o maior plan de cooperación municipal de Galicia e un dos máis importantes de España. Desde a súa creación en 2017, o POS+ consolidouse como unha ferramenta imprescindible para financiar obras e servizos públicos que melloran a vida da cidadanía en todos os concellos da provincia.

Neste tempo, o Plan Único investiu máis de 578 millóns de euros nos 93 concellos coruñeses, unha cifra histórica, nunca antes alcanzada por ningún plan da Deputación, a través dun sistema de reparto de fondos xusto e transparente, que ademáis outorga aos concellos a capacidade de decidir en qué investir os fondos que lle achega a Deputación en función das necesidades concretas de cada municipio.

Construcción de parques infantís, obras de humanización de rúas e espazos públicos, melloras de centros educativos e deportivos municipais, creación de xardíns e zonas verdes, obras de pavimentación, saneamento e abastecemento de auga en núcleos rurais ou novos sistemas de alumeado público son algunhas das máis de 3.900 obras financiadas a día de hoxe polo POS+ en todo o territorio provincial.

Pero ademáis, o Plan Único contribúe a sanear as economías municipais, axuda a que o teu concello poda soster servizos públicos básicos coma o alumeado público, a recollida de lixo ou a limpeza viaria e financia con 28 millóns de euros programas sociais para apoiar ás familias que máis o necesitan nos 93 municipios da provincia.

O POS+ representa un novo modelo de cooperación cos concellos, máis transparente, máis xusta e máis cercana ás necesidades da cidadanía, que permite á Deputación da Coruña chegar a cada recuncho da provincia e mellorar a calidade de vida das persoas.

Documentación

image/svg+xml Pontes de GarćiaRodriguez, As Culleredo Laracha, A Cerceda Carballo Arteixo Coruña, A Sada Oleiros Bergondo Cambre Malpicade Bergantiños Ponteceso Cabanade Bergantiños Laxe Vimianzo Camariñas Muxía Dumbría Zas Cee Fisterra Mazaricos Carnota Muros Outes Noia Porto do Son Riveira Lousame Coristanco Santa Comba A Baña Negreira Pobrado caramiñal Boiro Rianxo Dodro Rois Padrón Teo Vedra Ames Boqueixón Touro Arzúa Santiso Melide Santiagode Compostela Pino, O Curtis Aranga Val doDubra Tordoia Ordes Mesía Oza - Cesuras Abegondo Frades Oroso Trazo Irixoa Paderne Betanzos Toques Sobrado Monfero Narón Ferrol Mugardos Ares Pontedeume Miño Vilarmaior Vilasantar Boimorto Coirós Valdoviño Neda Fene Cabanas Capela, A Moeche Somozas, As Cerdido SanSadurniño Mañón Ortigueira Cariño Cedeira Carral Brión Corcubión