PLAN ÚNICO, O NOVO MODELO DE COOPERACIÓN MUNICIPAL DA DEPUTACION DA CORUÑA
O Plan Único (POS+) da Deputación da Coruña é o maior plan de cooperación municipal de Galicia e un dos máis importantes de España. Desde a súa creación en 2017, o POS+ consolidouse como unha ferramenta imprescindible para financiar obras e servizos públicos que melloran a vida da cidadanía en todos os concellos da provincia.
Neste tempo, o Plan Único investiu máis de 578 millóns de euros nos 93 concellos coruñeses, unha cifra histórica, nunca antes alcanzada por ningún plan da Deputación, a través dun sistema de reparto de fondos xusto e transparente, que ademáis outorga aos concellos a capacidade de decidir en qué investir os fondos que lle achega a Deputación en función das necesidades concretas de cada municipio.
Construcción de parques infantís, obras de humanización de rúas e espazos públicos, melloras de centros educativos e deportivos municipais, creación de xardíns e zonas verdes, obras de pavimentación, saneamento e abastecemento de auga en núcleos rurais ou novos sistemas de alumeado público son algunhas das máis de 3.900 obras financiadas a día de hoxe en todo o territorio provincial.
Pero ademáis, o Plan Único contribúe a sanear as economías municipais, axuda a que o teu concello poda soster servizos públicos básicos coma o alumeado público, a recollida de lixo ou a limpeza viaria e financia con 28 millóns de euros programas sociais para apoiar ás familias que máis o necesitan nos 93 municipios da provincia.
O POS+ representa un novo modelo de cooperación cos concellos, máis transparente, máis xusta e máis cercana ás necesidades da cidadanía, que permite á Deputación da Coruña chegar a cada recuncho da provincia e mellorar a calidade de vida das persoas.